Teatro Principal Primeira sesión de curtas internacionais da sección oficial do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, co pase de sete curtametraxes de ficción, animación e documental. Na sesión de hoxe pasaranse catro pezas de ficción:
Tolya (Roeon Brodsky, Israel, 2006), sitúase no Día Internacional da Muller, no que o protagonista do filme queda sen fala ao chamar a Natasha, a súa muller. Está preparado para renunciar ás palabras mais non á súa romántico mensaxe.
Menged, (Daniel Taye Workou, Etiopía), narra o camiño dun pai e un fillo que deben percorrer un longo camiño até chegar ao mercado principal de Etiopía.
Á Fin (Juan Manuel González, México) conta a historia dun home que debe afrontar de súpeto a posibilidade de estar a vivir os derradeiros intres da súa vida.
Cargo (Leo Woodhead, República Checa), lévanos ás peripecias dun mozo traficante que loita co seu captor mais no proceso descobre a escuridade que hai dentro del.
Proxectaranse, asemade dous filmes de animación. John e Karen (Matthew Walker, Reino unido) son un oso polar e un pingüín. O primeiro pídelle desculpas ao segundo logo dunha discusión que tiveron ambos e convídao a té e unha bolachas.
Por último proxectarase o documental romanés Adestramento, de Victor Dan Florin Orezeanu, que conta a tranquila chegada de catro nenas a un ximnasio para un adestramento normal, un dos seis adestramentos semanais )de catro horas cada un) destas nenas, que agardan converterse en campioas algún día.
Horario:17 de outubro de 2008 ás 20:30 Lugar:Teatro Principal
(As entradas retiraranse media hora antes de cada función.)
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 347 (oficinas) 981 542 349 (despacho de billetes)
Prezo:De balde
***